Rematou o tempo do verán e coa volta ao cole decatámonos do moito que medraron os nosos rapaces. Estamos na clase de catro anos, e iso nótase moito: cando o narís vai cheo, imos polo pano; se temos sede, bebemos e continuamos coa actividade; se hai ganas de ir ao baño, avisamos e xa está; cando acabamos de merendar, pasamos polo espello para comprobar que a cara está limpa; e antes de ir ao patio preguntamos ou miramos pola ventá para saber se fará falta ou non levar chaqueta. E todo iso sen esperar a que a profe o diga, que xa somos maiores e sabémonos coidar.
E na casa? Como vai esa autonomía?