BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

1.2.11

Visita ao Aquarium

 De seguro que os vosos fillos/as xa vos contaron todo o que vimos o luns no Aquarium. Agora vouvos contar o que eu vin:





 Cariñas de sorpresa: Un buceador estaba aspirando as algas nas que viven os peixes !







Cariñas abraiadas:
      Había auga por todas partes.




Cariñas encantadas: As focas viñeron saudarnos.




Cariñas de admiración: Sen comentarios; este é Gastón.




Sabedes que nos atrevimos a tocar a un tiburón?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade é que Rui veu moi contento. Pasouno moi ben. Contounos que o que máis lle gustara fora "Gastón" que tiña dentes moi grandes, as focas e os polbos que "estaban escondidos".
Ah... e que vira a Torre de Hércules que "é máis grande, máis grande que a Torre de Celas"

Colorines dijo...

Á torre de hércules tamén lle fixemos foto, pero non fomos quen de ver ningún polbo. A ver se para outra vez... Penso que a todos lles gustou a saída.