Todos os xoves subimos un ratiño á aula de informática. Ás veces vemos cousas interesantes na pantalla dixital, ou xogamos cos nosos dedos máxicos nela, e outras veces xogamos nos ordenadores e practicamos o manexo do rato.
24.2.11
21.2.11
O noso souto particular
17.2.11
Cuentolín
Hai quen dí que é cuspidiño á profe Belén... todo un misterio.

14.2.11
Florecen os tulipáns...
... deixando unha nota máis de color na nosa aula. Parece que van florecer cáseque todos, así que pronto poderedes coidalos nas vosas casas. Nós seguiremos tendo conta dos castiñeiros, dos que dentro de pouco tamén teredes novas.
1.2.11
Visita ao Aquarium
De seguro que os vosos fillos/as xa vos contaron todo o que vimos o luns no Aquarium. Agora vouvos contar o que eu vin:
Cariñas de sorpresa: Un buceador estaba aspirando as algas nas que viven os peixes !
Cariñas abraiadas:
Había auga por todas partes.
Cariñas encantadas: As focas viñeron saudarnos.
Cariñas de admiración: Sen comentarios; este é Gastón.
Sabedes que nos atrevimos a tocar a un tiburón?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)