BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

13.1.11

O encargado do día


 Dende hoxe xa temos encargado de clase. Cada día Tuli nos dí a quen lle toca ser o encargado/a. O afortunado/a ten que realizar algunhas tarefas específicas (actualizar rexistros, encargarse das luces, axudar á profe, ...) e goza do privilexio de ser o protagonista do día e ser o primeiro da fila!!!




 Cando actualizamos os rexistros, contamos os nenos e nenas que faltan, e sumamos     para saber cantos faltan en total.






Logo dicimos os días da semana, e tentamos acertar o día que toca; tamén hai que poñer o número de día do mes que corresponde, e contar ata ese número; se hai sorte nos toca un número baixiño, pero cando estamos nos últimos días de mes a cousa se complica un pouco e hai que estar moi concentrados. Aínda nos queda dar o parte meteorolóxico do día: hoxe chove?, hai sol?, vai frío?...








Para rematar, o noso encargado/a será o protagonista do día; unhas veces xogaremos coas letras do seu nome, outras falaremos das cousas boas que sabe facer, ou nos fixaremos nas súas características físicas... se cadra nos contará un conto ou... quen sabe o que se nos ocurrirá polo camiño!

3 comentarios:

Carmen dijo...

Eli veu moi contenta o día que foi encargada! E o libriño gustounos moito, moito. Aínda q tamén nos contou que non se portara moi ben cando tivo q obedecer á mestra...

Anónimo dijo...

Non sabía moi ben no que consistía ser o encargado, o que me quedou claro foi o de ser o primeiro na fila,jeje.Unha boa iniciativa, acadar responsabilidades con incentivo de protagonismo.

Colorines dijo...

O feito de ser encargado é algo moi importante para todos, e o toman moi en serio. Hai moito respeto pola figura do encargado, e ninguén pon e dúbida a súa prioridade cando a profe precisa de axuda para repartir caixas de pinturas, convencer a alguén para que deixe de molestar ou levar a estreliña da música cando imos ao ximnasio. Seguiremos tendo encargado ata rematar o ciclo.