21.12.11
Exame !!?
Exame, sí. Tratábase de facer cadanseu autorretrato, a lápis e o mellor que sabemos. E ahí vai a pregunta: Quen é quen?
17.12.11
Tarsila do Amaral
Tarsila do Amaral, importante artista brasileira, gustaba moito de pintar paixases do seu país natal, empregando para elo cores alegres e formas xeométricas e planas. Nilo escolleu para nós a súa obra "EFCB" (Estación de Ferrocarril Central do Brasil), e amosounos unha pequena mostra da súa arte.
15.12.11
Préstamo de libros
Axudádenos a mellorar a nosa selección de libros de aula! Abrimos hoxe unha enquisa para que votedes polos vosos libros favoritos... de entre os que son de préstamo para casa. Podedes votar por mais de un, así que cando o libro prestado lle guste ao voso fillo/a podedes entrar de novo na enquisa e engadilo á vosa selección. Atoparedes a enquisa na columna lateral do blog. Tendes todo o curso para participar.
Animádevos.!!!
Animádevos.!!!
5.12.11
Achégase o Nadal!
Na clase de Colorines comezamos hoxe a falar acerca do Nadal: adornos, doces, panxoliñas, festas, ... e por suposto, Papá Nöel e os RRMM. Logo dos nervios que provoca escoitar a palabra NADAL puidemos tranquilizarnos para poñernos a debuxar eses elementos navideños que tanto nos gustan. Cos debuxos feitos realizaremos unha montaxe navideña para a revista escolar que está a piques de saír. A ver como queda. Déixovos a continuación unha presentación cos debuxos recopilados.
22.11.11
A semana pasada Bulebule propúxonos traballar en cada aula algún dos dereitos dos nenos/as, para facer entre tod@s unha exposición común. Na clase de Colorines falamos sobre o dereito á alimentación, e pensamos que se todos os nenos do mundo puideran ter unha horta na que sementar patacas, leitugas, tomates, etc... sempre disporían de ingredientes básicos para facer a comida. Este "cadro" foi o resultado da nosa reflexión.
Saudiños!
20.11.11
20 de novembro: Día Internacional dos dereitos d@s nen@s
Para as familias ...
... e para os nenos e nenas
... e para os nenos e nenas
11.11.11
Magosto 2011
O Magosto é a nosa festa Ó redor dunha fogueira Iste vindeiro novembro
todos comen a fartar bailamos un ano máis. coa castaña outonal
castañas crúas, asadas, Merendando, merendando, todos xuntos e felices
e cocidas, non está mal. caen as follas sen parar. ímolo pasar ...
fenomenal !!!
todos comen a fartar bailamos un ano máis. coa castaña outonal
castañas crúas, asadas, Merendando, merendando, todos xuntos e felices
e cocidas, non está mal. caen as follas sen parar. ímolo pasar ...
fenomenal !!!
9.11.11
Concurso de tartas
Rematou o concurso de tartas deste ano e velahí os resultados.
Tartas presentadas polo alumnado da nosa clase |
PABLO
Agradecemos a participación a tódalas familias que se animaron a colaborar. Déixovos, a continuación, un recordo de tódalas tartas presentadas.
30.10.11
29.10.11
27.10.11
Samaín
Mañán será a despedida na escola destes días de SAMAÍN, e asistiremos á entrega de premios do concurso de cabazas; este ano a cousa está moi difícil: hai moitísimas cabazas, e todas elas moi orixinais. Eiquí vos presento as vosas creacións; na próxima entrada engadiremos fotos da exposición e, por suposto, das gañadoras deste ano. Grazas a todos pola vosa participación.
26.10.11
Que será?
Hoxe apareceron estas dúas "cousas" na clase. Todavía non sabemos que son, a pesares de que lle estivemos dando voltas durante bastante tempo. Postos a imaxinar, hai a quen se lle ocurríu que poderían ser bombillas, maracas, xelados ou mesmo globos aerostáticos. Rimos bastante con estas ideas tan divertidas. Tamén pensamos que poderían ser sandías, pero o tamaño despístanos bastante. Son duras, están frías e pesan un pouquiño para o pequenas que son. Mañán sairemos de dúbidas...
21.10.11
Profesorado en prácticas
Hoxe recibimos unha visita sorpresa. Sheila e Antía son dúas profes que viñeron pasar un ratiño con nós.
Falamos con elas un pouco e logo fixémoslles uns debuxos que lles gustaron moito. Tamén nos acompañaron no patio, e logo marcharon porque tiñan que volver coa súa profe. Un bico moi forte para elas.
14.10.11
Cogumelos...
Hoxe descobrimos cousas novas acerca das setas gracias a Mario, que resultou ser todo un experto no tema. Falando do outono saíu o tema dos cogumelos, do que Mario sabía algunhas cousas, así que foi él quen nos explicou que:
- As setas venenosas disfrázanse, polo que hai que coñecelas moi ben para que non nos enganen.
- Non se collen por arriba; cóllense por abaixo.
- Despois métense nun bote. Non se comen, que nos poñen malitos da barriga.
11.10.11
Propóñovos un xogo...
... para os pais/nais:
Tendes ahí vintecatro manciñas traballadoras; a ver se descobrides cal é a do voso fillo/a. Para facelo máis difícil, remangámonos todos; o que non puidemos facer foi quitar a tirita, así que hai alguén que o vai ter fácil.
Ánimo!!!
Tendes ahí vintecatro manciñas traballadoras; a ver se descobrides cal é a do voso fillo/a. Para facelo máis difícil, remangámonos todos; o que non puidemos facer foi quitar a tirita, así que hai alguén que o vai ter fácil.
Ánimo!!!
10.10.11
Para María
Comezamos a semana cunha boa nova. María xa está aquí, e con ela aumentamos o clube dos irmáns maiores da clase de colorines.
Moitas felicidades á súa familia, e os nosos mellores desexos para ela!
Moitas felicidades á súa familia, e os nosos mellores desexos para ela!
7.10.11
Coller ben o lapis: Misión imposible?
Non sempre resulta doado conseguir que os nenos/as collan ben o lapis, pero con paciencia probablemente o lograrán. Os casos máis difíciles que temos na clase de Colorines van polo bo camiño, e como proba, o "modelo" da foto; aínda hai que mellorar, pero xa queda menos.
Algúns exercicios que nos poden axudar na casa:
- Facer anaquiños de diferentes tipos de papeis.
- Retorcer cordas, cordeis, papeis, ...
- Facer bolas grandes con papel de periódico ou similar.
- Abrir e pechar tapóns de rosca.
- Xogos de atornillar e desatornillar.
- Modelar con plastilina.
- Xogos de "pinchitos" ensartables.
- Ensartar abalorios.
- Abotoar e desabotoar.
- Mondar cos dedos algunhas froitas (mandarinas, plátanos, ...)
- Desmenuzar miga de pan.
- Facer sonidos cos dedos repenicando sobre a mesa.
- ...
3.10.11
"El lobo Rodrigo"
Hoxe tivemos sesión de títeres; a compañía arxentina "El Abrojito" ofreceunos unha versión moi singular do tradicional conto da carapuchiña.
20.9.11
Canto medramos!
Rematou o tempo do verán e coa volta ao cole decatámonos do moito que medraron os nosos rapaces. Estamos na clase de catro anos, e iso nótase moito: cando o narís vai cheo, imos polo pano; se temos sede, bebemos e continuamos coa actividade; se hai ganas de ir ao baño, avisamos e xa está; cando acabamos de merendar, pasamos polo espello para comprobar que a cara está limpa; e antes de ir ao patio preguntamos ou miramos pola ventá para saber se fará falta ou non levar chaqueta. E todo iso sen esperar a que a profe o diga, que xa somos maiores e sabémonos coidar.
E na casa? Como vai esa autonomía?
12.9.11
De novo no cole
Pois xa pasou o primeiro día de cole logo das vacacións; foi un día de nervios, reencontros, mochilas novas, clase nova, profes novas, e a seguridade que nos da regresar a un entorno que xa coñecemos, xunto co orgullo de sentirnos "un ano máis grandes". Somos maiores, estamos na clase de catro anos e agora son outros os peques que chegan por vez primeira ao cole e ocupan a que foi a nosa aula o curso pasado.
Dí a profe que Colorines prestoulle un tubo máxico polo que podía ver a todos os nenos e nenas durante as vacacións; algunha nena xa o sabía. Agora o tubo máxico non funciona porque xa estamos de volta, pero a profe gárdao para cando o precise.
22.6.11
Colorines, a profe e toda a panda vos desexan un feliz verán
Moitísimas grazas a todos os que ao longo deste curso seguistes este espazo, e grazas tamén polos vosos comentarios. Unha aperta para os papis e mamis da miña panda (e, por suposto, tamén para as avoas e algún que outro avó). Vémonos de novo en Setembro. Bo verán.
Que comemos hoxe?
Lembrades as receitas que hai algún tempo vos pedimos? Con todas elas elaboramos un práctico recetario de cociña que podedes curiosear a continuación. Mmm!
E unha vez máis... moitas grazas por colaborar!
Open publication - Free publishing - More cocina
E unha vez máis... moitas grazas por colaborar!
17.6.11
Contacontos Kalandraka
Hoxe recibimos a visita de Patricia e Álex, que viñeron contarnos uns contos moi divertidos relacionados co mundo do circo. Eran contos con música, acompañados polo son do acordeón, a frauta de émbolo, e outros máis que Álex traía na súa maleta musical. Mesmo tiñan un megáfono coma o que utilizan os animadores de circo para chamar á xente cando comeza o espectáculo!
Eiquí tendes os contos que escoitamos: "A familia C", "Mago Goma", "Pancho" e "A viaxe de Pancho".
15.6.11
Onde van as fresas?
Onte fixemos a nosa última visita deste curso á horta escolar; quedaban por recoller as fresas, ainda que sabiamos que non haberiamos atopar ningunha; en todo este tempo non vimos madurar máis ca unha fresa, e as poucas que saían desaparecían, non sabemos moi ben cómo nin por qué !!! Como aínda quedaba un pouco de perexil, recollímolo, e o equipo que prantou as fresas puido levar un pouquiño para casa, e non quedar coas mans baleiras.
14.6.11
10.6.11
Where´s Spot?
Hoxe asistimos a unha sesión de contacontos moi especial... era en inglés!!! Na biblio agardábannos Mariví (a profe de inglés) e Helen (a contacontos), e con elas axudamos á mamá de Spot a atopar ao seu cachorro, que tiña que vir tomar a cea. Foi moi divertido. Bye Helen!
7.6.11
Cebolas, cebolas e máis cebolas!
6.6.11
Teatro na biblio
Hoxe houbo sorpresa na biblio! Fomos alí, coma cáseque todos os luns, e atopámonos cos maiores de 4ºB que agardaban por nós preparados para representarnos un par de historias moi graciosas coas que rimos moito: "A ratiña presumida" e "Pinocho". Fixéronno moi ben e quedamos con ganas de máis, e por suposto,recibiron un gran aplauso de todos nós.
3.6.11
Debuxamos a mamá
Non podía ser doutro modo! No mes de maio tocou debuxar a mamá e, ao igual que pasou con papá, poñer os vosos nomes resultou bastante fácil tamén nesta ocasión. Ahí estades, con moito cariño de parte dos vosos fillos/as.
2.6.11
Sorolla
Falta pouco para o verán, e pareceunos que unha boa proposta de achegamento á arte podería ser unha selección de cadros deste gran retratista coñecido, sobre todo, polo seu tratamento da luz e da cor. Todas as obras desta selección amosan escenas de praias, probablemente da costa valenciana, pero se estades atentos atoparedes un cadro pintado en Galicia. A ver se descubrides cal é. Se cadra, os vosos fillos/as saberán darvos algunha pista.
1.6.11
31.5.11
26.5.11
A que sabe a lúa?
Hoxe comenza a última ronda de encargados/as deste curso, e Colorines ofrécenos un bonito libro coa lúa como protagonista. Confiamos en que vos guste.
25.5.11
Da horta ao prato
Recolectamos por fin parte da nosa prantación na horta. Onte recollimos as leitugas; o equipo que as prantou puido levalas para casa, pero antes fixemos unha degustación das mesmas na aula, e así aprendimos a preparalas. Logo de seleccionar algunha folla tenra e de lavala ben lavadiña, montámola sobre unha rodaxiña de cenoria e un anaco de queixo fresco. E sen pensalo dúas veces, probamos o bocado. Hai a quen lle soubo, e hai a quen non, pero cáseque todos probaron (que era do que se trataba); logo cadaquén deu a súa opinión: non me gusta... (pois non pasa nada), sí que me gusta... (pois mira que ben!) .
Apetecevos probar?
Apetecevos probar?
Recortamos!
Nestes días andivemos a probar coas tesoiras, que levan todo o curso aburridas dentro dunha caixiña no alto dun moble. Para empezar, recortamos libremente papel charol, e así a profe puido ver o ben que o facemos e axudarnos a coller correctamente as tesoiras. Parece doado, pero ten o seu aquel.
As tesoiras deben ser manipuladas correctamente, poñendo o polgar no orificio superior, o medio no inferior e o índice como apoio debaixo da tesoira. Como os dediños dos nosos nenos/as son pequenos, podemos deixarlles usar o índice e o dedo medio xuntos no burato de abaixo.
As tesoiras deben ser manipuladas correctamente, poñendo o polgar no orificio superior, o medio no inferior e o índice como apoio debaixo da tesoira. Como os dediños dos nosos nenos/as son pequenos, podemos deixarlles usar o índice e o dedo medio xuntos no burato de abaixo.
13.5.11
Letras Galegas 2011
Hoxe celebramos as Letras Galegas na escola, e, coma tódolos anos, desfrutamos dunha xornada de xogos tradicionais no patio. Foi moi divertido, e moi canso tamén. Grazas por todas as frases tan bonitas que enviastes; pronto poderedes velas formando parte do mural de Infantil.
11.5.11
O misterio das maletas
Hai uns días apareceron na clase un par de maletas. Son dúas maletas enormes e pesadas, de cor negro e pechadas con candado. Non sabemos de onde saíron, e cando conseguimos abrilas resultou que estaban cheas de libros de contos! Nunha delas, todos os contos falan de osos: osos grandes e pequenos, osos pardos e osos polares, de peluche ou de verdade, osos tenros, agarimosos, temerosos, curiosos, osos, osos e máis osos. Son tantos libros que a profe non os deu sacado todos da maleta. Nestes días imos ver os máis que poidamos, antes de que as maletas desaparezan de pronto, tal e como apareceron.
Para Uxía
Temos outra boa nova que celebrar: Xa naceu Uxía! Os nosos mellores desexos para ela, e felicidades á súa familia.
"Eres una maravilla"
Cada momento que vivimos es un momento nuevo y único del universo, un momento que nunca volverá...
Y ¿qué les enseñamos a nuestros hijos?
Les enseñamos que dos más dos es cuatro y que París es la capital de Francia.
¿Cuándo vamos a enseñarles también lo que son?
Deberíamos decirles:
“¿Sabes lo que eres?
Eres una maravilla.
Eres único.
En todos los años que han pasado, nunca hubo otro niño como tú.
Tus piernas, tus brazos, tus dedos hábiles, la forma en que te mueves.
Puedes llegar a ser un Shakespeare, un Miguel Ángel, un Beethoven.
Tienes capacidad para todo.
Sí, eres una maravilla.
Y cuando crezcas, ¿podrías lastimar a alguien que es, como tú, una maravilla?
Debes trabajar -todos debemos trabajar- para que el mundo sea digno de nuestros hijos.
(Por Pablo Casals, del libro "Chocolate Caliente para el Alma")
"Eres una maravilla"
Cada momento que vivimos es un momento nuevo y único del universo, un momento que nunca volverá...
Y ¿qué les enseñamos a nuestros hijos?
Les enseñamos que dos más dos es cuatro y que París es la capital de Francia.
¿Cuándo vamos a enseñarles también lo que son?
Deberíamos decirles:
“¿Sabes lo que eres?
Eres una maravilla.
Eres único.
En todos los años que han pasado, nunca hubo otro niño como tú.
Tus piernas, tus brazos, tus dedos hábiles, la forma en que te mueves.
Puedes llegar a ser un Shakespeare, un Miguel Ángel, un Beethoven.
Tienes capacidad para todo.
Sí, eres una maravilla.
Y cuando crezcas, ¿podrías lastimar a alguien que es, como tú, una maravilla?
Debes trabajar -todos debemos trabajar- para que el mundo sea digno de nuestros hijos.
(Por Pablo Casals, del libro "Chocolate Caliente para el Alma")
3.5.11
Tío Lobo
Esta é a historia de Carmela, unha nena moi larpeira...
Na sección de contos atoparedes a historia completa.
Na sección de contos atoparedes a historia completa.
27.4.11
Bulebule xa ten canción!
Hoxe tivemos o honor de asistir, en primicia, á presentación da canción de Bulebule. Foi unha gran sorpresa, e todo un éxito; co aforo cheo, Gala e Ricardo (autores do tema) interpretaron a canción, deixáronnos participar con eles e tiveron que repetir a actuación ante un público que pedía que a cantaran de novo, e que enseguida aprendeu o estribillo que logo seguimos tarareando durante un rato longo namentras recolliamos todo e marchabamos na fila.
En canto teñamos a grabación pedirémoslle a Colorines que a engada ao noso blog.
Gala, Ricardo, moitas grazas e moitos bicos!
En canto teñamos a grabación pedirémoslle a Colorines que a engada ao noso blog.
Gala, Ricardo, moitas grazas e moitos bicos!
15.4.11
Teatro no cole
Con motivo da celebración do día do libro, toda esta semana ofrecéronse na biblio diversas representacións teatrais realizadas polo alumnado dos cursos máis altos, e adicadas aos máis pequenos. Hoxe tocounos aos de tres anos, e poidemos desfrutar dunha divertida obra en verso titulada "A fea durminte". Ao remate da obra regaláronnos o libro coa historia e as imaxes, que quedará de recordo nas nosas aulas. Moitas grazas, nenos e nenas de 5º A. Gustounos moito.
7.4.11
Debuxamos a papá
Pois tocoulle o turno aos papis! Ao longo do mes de marzo adicámonos a retratar a papá. Poñer o nome non foi difícil, xa que todos vos chamades igual: PAPÁ. Algún de vos recoñécese???
4.4.11
Premios Bulebule
Hoxe tivo lugar, na biblio, a entrega de premios Bulebule, e a nosa clase obtivo un agasallo e un diploma pola nosa participación no concurso "Bulebule busca ... aventuras no mar". (lembrades o conto do pirata?)
O premio resultou ser un precioso libro titulado "PACO"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)