BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

22.6.12

Fin de curso






Bo verán a todos/as. 

Vémonos de novo en setembro,
na clase de cinco anos !!!


18.6.12

Granxa-escola de Belelle






Pero que ben o pasamos hoxe! Convertímonos en granxeiros e granxeiras, e pasamos o día aprendendo os labores da granxa: prantamos un guisante, dimos de comer aos animais, montamos en poni, fixemos un boliño de pan, vimos moitas aves diferentes, e canguros, e llamas, e porquiños vietnamitas, e ponis, e cabalos, e ... 


...preguntádenos, seguro que recordamos moitas máis cousas.




8.6.12

Unha agradable visita




Sandra, Catalina, Andrea e Nerea. Estas son as  catro "chicas maiores" que nos visitaron esta mañán para recitarnos unha bonita poesía titulada "as estrelas". Gustounos tanto que, logo dos aplausos,  pedimos que a contaran de novo.


Moitas grazas, chicas! Voltade sempre que queirades! 

5.6.12

Contacontos!



Vaia sorpresa tivemos hoxe!







Iago, o contacontos, veu contarnos a historia da princesa Sabela, que non quería ser princesa porque no seu castelo ás princesas non lles deixaban xogar, nin mancharse, nin vestir outras roupas diferentes dos vestidos rosas e as súas coroas. 














Foi un conto moi divertido e pasámolo moi ben.