Os nenos e nenas de catro anos pedimos ... que ningún neno do mundo pelexe!!!
30.1.12
27.1.12
Coma os grandes artistas...
Ahí estamos! preparados para descubrir os segredos que esconde o museo. Dixo a profe que nel hai cadros e esculturas... será certo?
O profe do museo, José, levounos polas diferentes salas; aprendimos que cando nos fixamos ben nos cadros podemos ver neles moitas cousas; que hai cadros grandes e pequenos, algún son máis vellos ca os nosos pais, e todos eles están pintados sobre lienzos, con pinceis que collen as cores dun "redondo" que teñen os pintores e que se chama "paleta".
Vimos tamén cadros que nos contan unha historia (neste caso do pintor Luis Seoane), e outro cadro con catro caras que pintou o señor Isaac Díaz Pardo, que da nome ao noso cole.
Aprendimos ademáis a posar para que nos fagan un retrato, moi quedos e poñendo caras interesantes.
... E tamén descubrimos unha gran escultura, a do xigante, que é moi grande, moi forte, cuns pés enormes, cara de enfadado e voz de xigante. Está feito de madeira, e José ensinounos como son as ferramentas que utilizou o escultor para esculpilo: o cincel e mailo martelo.
12.1.12
Para Sabela
Coa chegada do novo ano recibimos tamén a Sabela, e a ela adicámoslle o seguinte tema.
Benvida e noraboa á súa familia!
Benvida e noraboa á súa familia!
9.1.12
Novo enlace de xogos
Navegando por blogs amigos (neste caso " La ilusión de aprender 2") colorines atopou un novo enlace moi entretido para xogar un ratiño na casa. Non tendes mais que escoller o proxecto según a idade e picar na carpeta de actividades TIC. Esperamos que vos gusten.
E para os que tedes bebés na casa, non deixedes de visitar a proposta didáctica para 0 anos, que trae información moi completa acerca do desenrolo no primeiro ano de vida dos peques.
Atoparedes o enlace na columna da esquerda, no apartado de xogos, baixo o nome da súa editorial"casals"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)