BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

30.10.11


Cabazas premiadas no certame deste ano


27.10.11

Samaín

Mañán será a despedida na escola destes días de SAMAÍN, e asistiremos á entrega de premios do concurso de cabazas; este ano a cousa está moi difícil: hai moitísimas cabazas, e todas elas moi orixinais. Eiquí vos presento as vosas creacións; na próxima entrada engadiremos fotos da exposición e, por suposto, das gañadoras deste ano. Grazas a todos pola vosa participación.






26.10.11

Que será?

Hoxe apareceron estas dúas "cousas" na clase. Todavía non sabemos que son, a pesares de que lle estivemos dando voltas durante  bastante tempo. Postos a imaxinar, hai a quen se lle ocurríu que poderían ser bombillas, maracas, xelados ou mesmo globos aerostáticos. Rimos bastante con estas ideas tan divertidas. Tamén pensamos que poderían ser sandías, pero o tamaño despístanos bastante. Son duras, están frías e pesan un pouquiño para o pequenas que son. Mañán sairemos de dúbidas...

21.10.11

Profesorado en prácticas


Hoxe recibimos unha visita sorpresa. Sheila e Antía son dúas profes que viñeron pasar un ratiño con nós.


 Falamos con elas un pouco e logo fixémoslles uns debuxos que lles gustaron moito. Tamén nos acompañaron no patio, e logo marcharon porque tiñan que volver coa súa profe. Un bico moi forte para elas.

14.10.11

Cogumelos...

Hoxe descobrimos cousas novas acerca das setas gracias a Mario, que resultou ser todo un experto no tema. Falando do outono saíu o tema dos cogumelos, do que Mario sabía algunhas cousas, así que foi él quen nos explicou que:

    • As setas venenosas disfrázanse, polo que hai que coñecelas moi ben para que non nos enganen.
    • Non se collen por arriba; cóllense por abaixo.
    • Despois métense nun bote. Non se comen, que nos poñen malitos da barriga.
Picounos tanto a curiosidade que seguiremos investigando sobre elas, a ver se aprendemos algunhas cousas máis.

11.10.11

Propóñovos un xogo...

... para os pais/nais:
Tendes ahí vintecatro manciñas traballadoras; a ver se descobrides cal é a do voso fillo/a. Para facelo máis difícil, remangámonos todos; o que non puidemos facer foi quitar a tirita, así que hai alguén que o vai ter fácil.
Ánimo!!!


10.10.11

Para María

Comezamos a semana cunha boa nova. María xa está aquí, e con ela aumentamos o clube dos irmáns maiores da clase de colorines.
Moitas felicidades á súa familia, e os nosos mellores desexos para ela!



7.10.11

Coller ben o lapis: Misión imposible?


Non sempre resulta doado conseguir que os nenos/as collan ben o lapis, pero con paciencia  probablemente o lograrán. Os casos máis difíciles que temos na clase de Colorines van polo bo camiño, e como proba, o "modelo" da foto; aínda hai que mellorar, pero xa queda menos.



Algúns exercicios que nos poden axudar na casa:
  • Facer anaquiños de diferentes tipos de papeis.
  • Retorcer cordas, cordeis, papeis, ...
  • Facer bolas grandes con papel de periódico ou similar.
  • Abrir e pechar tapóns de rosca.
  • Xogos de atornillar e desatornillar.
  • Modelar con plastilina.
  • Xogos de "pinchitos" ensartables.
  • Ensartar abalorios.
  • Abotoar e desabotoar.
  • Mondar cos dedos algunhas froitas (mandarinas, plátanos, ...)
  • Desmenuzar miga de pan.
  • Facer sonidos cos dedos repenicando sobre a mesa.
  • ...

3.10.11

"El lobo Rodrigo"


Hoxe tivemos sesión de títeres; a compañía arxentina  "El Abrojito" ofreceunos unha versión moi singular do tradicional conto da carapuchiña.