22.6.11
Colorines, a profe e toda a panda vos desexan un feliz verán
Moitísimas grazas a todos os que ao longo deste curso seguistes este espazo, e grazas tamén polos vosos comentarios. Unha aperta para os papis e mamis da miña panda (e, por suposto, tamén para as avoas e algún que outro avó). Vémonos de novo en Setembro. Bo verán.
Que comemos hoxe?
Lembrades as receitas que hai algún tempo vos pedimos? Con todas elas elaboramos un práctico recetario de cociña que podedes curiosear a continuación. Mmm!
E unha vez máis... moitas grazas por colaborar!
Open publication - Free publishing - More cocina
E unha vez máis... moitas grazas por colaborar!
17.6.11
Contacontos Kalandraka
Hoxe recibimos a visita de Patricia e Álex, que viñeron contarnos uns contos moi divertidos relacionados co mundo do circo. Eran contos con música, acompañados polo son do acordeón, a frauta de émbolo, e outros máis que Álex traía na súa maleta musical. Mesmo tiñan un megáfono coma o que utilizan os animadores de circo para chamar á xente cando comeza o espectáculo!
Eiquí tendes os contos que escoitamos: "A familia C", "Mago Goma", "Pancho" e "A viaxe de Pancho".
15.6.11
Onde van as fresas?
Onte fixemos a nosa última visita deste curso á horta escolar; quedaban por recoller as fresas, ainda que sabiamos que non haberiamos atopar ningunha; en todo este tempo non vimos madurar máis ca unha fresa, e as poucas que saían desaparecían, non sabemos moi ben cómo nin por qué !!! Como aínda quedaba un pouco de perexil, recollímolo, e o equipo que prantou as fresas puido levar un pouquiño para casa, e non quedar coas mans baleiras.
14.6.11
10.6.11
Where´s Spot?
Hoxe asistimos a unha sesión de contacontos moi especial... era en inglés!!! Na biblio agardábannos Mariví (a profe de inglés) e Helen (a contacontos), e con elas axudamos á mamá de Spot a atopar ao seu cachorro, que tiña que vir tomar a cea. Foi moi divertido. Bye Helen!
7.6.11
Cebolas, cebolas e máis cebolas!
6.6.11
Teatro na biblio
Hoxe houbo sorpresa na biblio! Fomos alí, coma cáseque todos os luns, e atopámonos cos maiores de 4ºB que agardaban por nós preparados para representarnos un par de historias moi graciosas coas que rimos moito: "A ratiña presumida" e "Pinocho". Fixéronno moi ben e quedamos con ganas de máis, e por suposto,recibiron un gran aplauso de todos nós.
3.6.11
Debuxamos a mamá
Non podía ser doutro modo! No mes de maio tocou debuxar a mamá e, ao igual que pasou con papá, poñer os vosos nomes resultou bastante fácil tamén nesta ocasión. Ahí estades, con moito cariño de parte dos vosos fillos/as.
2.6.11
Sorolla
Falta pouco para o verán, e pareceunos que unha boa proposta de achegamento á arte podería ser unha selección de cadros deste gran retratista coñecido, sobre todo, polo seu tratamento da luz e da cor. Todas as obras desta selección amosan escenas de praias, probablemente da costa valenciana, pero se estades atentos atoparedes un cadro pintado en Galicia. A ver se descubrides cal é. Se cadra, os vosos fillos/as saberán darvos algunha pista.
1.6.11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)