BENVIDOS !

Raúl, Rui, Noelia, Pablo, Elisa, Sheila, Miguel, Lola, Joel, Enzo, Manuela, Lucas, Abel, Nicolás, Killian, Alan, Ariadna, Mauro, Ada, Mario, Álvaro, Óscar, Brais, Isaac, Alexia.

31.5.11

Ao rico perexil!


Hoxe recolectamos parte do perexil da nosa horta. Collimos o que está máis crecido, pero aínda queda máis. Vimos as súas raíces, moito máis grandes que cando o prantamos, e sentimos o rico que ule cando está recén collido. Como dí un popular cociñeiro da tele... rico, rico!

26.5.11

A que sabe a lúa?

Hoxe comenza a última  ronda de encargados/as deste curso, e Colorines ofrécenos un bonito libro coa lúa como protagonista. Confiamos en que vos guste.



25.5.11

Da horta ao prato

Recolectamos por fin parte da nosa prantación na horta. Onte recollimos as leitugas; o equipo que as prantou puido levalas para casa, pero antes fixemos unha degustación das mesmas na aula, e así aprendimos a preparalas. Logo de seleccionar algunha folla tenra e de lavala ben lavadiña, montámola sobre unha rodaxiña de cenoria e un anaco de queixo fresco. E sen pensalo dúas veces, probamos o bocado. Hai a quen lle soubo, e hai a quen non, pero cáseque todos probaron (que era do que se trataba); logo cadaquén deu a súa opinión: non me gusta... (pois non pasa nada), sí que me gusta... (pois mira que ben!) .
Apetecevos probar?

Recortamos!

      Nestes días andivemos a probar coas tesoiras, que levan todo o curso aburridas dentro dunha caixiña no alto dun moble. Para empezar, recortamos libremente papel charol, e así a profe puido ver o ben que o facemos e axudarnos a coller correctamente as tesoiras. Parece doado, pero ten o seu aquel.




As tesoiras deben ser manipuladas correctamente, poñendo o polgar no orificio superior, o medio no inferior e o índice como apoio debaixo da tesoira. Como os dediños dos nosos nenos/as son pequenos, podemos deixarlles usar o índice e o dedo medio xuntos no burato de abaixo.

13.5.11

Letras Galegas 2011

Hoxe celebramos as Letras Galegas na escola, e, coma tódolos anos, desfrutamos dunha xornada de xogos tradicionais no patio. Foi moi divertido, e moi canso tamén. Grazas por todas as frases tan bonitas que enviastes; pronto poderedes velas formando parte do mural de Infantil.



Maio 2011

Maio elaborado polo alumnado de Educación Infantil

11.5.11

O misterio das maletas



Hai uns días apareceron na clase un par de maletas. Son dúas maletas enormes e pesadas, de cor negro e pechadas con candado. Non sabemos de onde saíron, e cando conseguimos abrilas resultou que estaban cheas de libros de contos! Nunha delas, todos os contos falan de osos: osos grandes e pequenos, osos pardos e osos polares, de peluche ou de verdade, osos tenros, agarimosos, temerosos, curiosos, osos, osos e máis osos. Son tantos libros que a profe non os deu  sacado todos da maleta. Nestes días imos ver  os máis que poidamos, antes de que as maletas desaparezan de pronto, tal e como apareceron.

Para Uxía

Temos outra boa nova que celebrar: Xa naceu Uxía! Os nosos mellores desexos para ela, e felicidades á súa familia.





"Eres una maravilla"
 Cada momento que vivimos es un momento nuevo y único del universo, un momento que nunca volverá...
Y ¿qué les enseñamos a nuestros hijos?
Les enseñamos que dos más dos es cuatro y que París es la capital de Francia.
¿Cuándo vamos a enseñarles también lo que son?

Deberíamos decirles:
“¿Sabes lo que eres?
Eres una maravilla.
Eres único.
En todos los años que han pasado, nunca hubo otro niño como tú.
Tus piernas, tus brazos, tus dedos hábiles, la forma en que te mueves.
Puedes llegar a ser un Shakespeare, un Miguel Ángel, un Beethoven.
Tienes capacidad para todo.
Sí, eres una maravilla.
Y cuando crezcas, ¿podrías lastimar a alguien que es, como tú, una maravilla?

Debes trabajar -todos debemos trabajar- para que el mundo sea digno de nuestros hijos.

(Por Pablo Casals, del libro "Chocolate Caliente para el Alma")

3.5.11

Tío Lobo

Esta é a historia de Carmela, unha nena moi larpeira...




Na sección de contos atoparedes a historia completa.