Hoxe tivemos o honor de asistir, en primicia, á presentación da canción de Bulebule. Foi unha gran sorpresa, e todo un éxito; co aforo cheo, Gala e Ricardo (autores do tema) interpretaron a canción, deixáronnos participar con eles e tiveron que repetir a actuación ante un público que pedía que a cantaran de novo, e que enseguida aprendeu o estribillo que logo seguimos tarareando durante un rato longo namentras recolliamos todo e marchabamos na fila.
En canto teñamos a grabación pedirémoslle a Colorines que a engada ao noso blog.
Gala, Ricardo, moitas grazas e moitos bicos!
15.4.11
Teatro no cole
Con motivo da celebración do día do libro, toda esta semana ofrecéronse na biblio diversas representacións teatrais realizadas polo alumnado dos cursos máis altos, e adicadas aos máis pequenos. Hoxe tocounos aos de tres anos, e poidemos desfrutar dunha divertida obra en verso titulada "A fea durminte". Ao remate da obra regaláronnos o libro coa historia e as imaxes, que quedará de recordo nas nosas aulas. Moitas grazas, nenos e nenas de 5º A. Gustounos moito.
7.4.11
Debuxamos a papá
Pois tocoulle o turno aos papis! Ao longo do mes de marzo adicámonos a retratar a papá. Poñer o nome non foi difícil, xa que todos vos chamades igual: PAPÁ. Algún de vos recoñécese???
4.4.11
Premios Bulebule
Hoxe tivo lugar, na biblio, a entrega de premios Bulebule, e a nosa clase obtivo un agasallo e un diploma pola nosa participación no concurso "Bulebule busca ... aventuras no mar". (lembrades o conto do pirata?)
O premio resultou ser un precioso libro titulado "PACO"
1.4.11
Van Gogh
Coa primavera tocoulle o turno a Van Gogh. É tan amplia a súa obra que houbo que seleccionar, e a profe decidiu amosar cadros de paisaxes, árbores floridas e ramos de flores, ainda que tamén desfrutamos, na pantalla grande, da presentación musical que vos ofrecemos a continuación. Esperamos que vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)