30.11.10
Receita de outono: marmelo
Onte as profes ensináronnos cómo se fai o marmelo. Hai que ter as mans moi limpas, e pór moito coidado ao cortar a froita e traballar co robot de cociña. O máis saboroso... o azucre.
Hoxe poidemos probar o marmelo. A cáseque todos gustounos moito, así que repetimos bocado, que un só sabía a pouco.
Bó proveito.
29.11.10
Para Marina, Raquel, Brais e Elena.
E por fin, xa naceron os catro bebés polos que estabamos agardando! Dámoslles a benvida a todos eles, e a noraboa ás súas familias.
20.11.10
As nosas primeiras escrituras
Xa somos quen de escribir (a nosa maneira) algunhas palabras que a profe nos deixa copiar. Eiquí tendes un exemplo de como son as nosas primeiras letras; pouquiño a pouco habemos de melloralas para que se asemellen máis ás que facedes os adultos; tan só é cuestión de darnos tempo...
11.11.10
5.11.10
Buscando o outono
Hoxe fomos en busca do outono polo patio do colexio, e sorprendímonos ao ver as árbores tan bonitas, con mezcla de verdes e amarelos nas súas follas a piques de caer no chan. Despois dunha pequena recolecta de "follas de outono" voltamos á clase, e gardamos as follas entre papeis de periódico, para que non se nos estropeen, e poder recuperalas dentro duns días, cando estean totalmente secas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)